Asia

Modelo:Xeografía físicaAsia
Imaxe
Tipocontinente
área continental e illas circundantes
rexión xeográfica Editar o valor en Wikidata
EpónimoAsia Editar o valor en Wikidata
Parte deTerra
Ostfeste
Eurafrasia
Eurasia
Afro-Asia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaHemisferio oriental Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°40′52″N 87°19′52″L / 43.6811, 87.3311
Comparte fronteira conEuropa
África Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
Punto máis baixoMar Morto Editar o valor en Wikidata  (−437 m Editar o valor en Wikidata )
Punto máis altoEverest Editar o valor en Wikidata  (8.848,86 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie44.614.500 km² Editar o valor en Wikidata
BNE: XX450848

Asia (Gl-Asia.ogg pronunciación ) é o maior e máis poboado dos cinco continentes do planeta Terra localizado principalmente nos hemisferios norte e oriental. Abrangue un terzo das partes sólidas da superficie da Terra e é responsábel por albergar case tres quintos da poboación mundial. Limita ó norte a (Rusia) co océano Glaciar Ártico, ó leste co océano Pacífico e ó sur co océano Índico, ó oeste co mar Vermello, onde se xunta coa África pola canle de Suez. Tamén ó oeste limita co mar Exeo (Asia Menor), cordilleira do Cáucaso, mar Caspio, río Ural e os montes Urais. Ademais do territorio continental, tamén ten territorios insulares: as Kuriles, Sakhalin, as illas xaponesas, a illa de Formosa (Taiwán), as Filipinas, as Illas de Sonda, Sri Lanka e milleiros de illas menores. Cobre o 8,6% da superficie da Terra, o 29,4% sen contar os mares e nel habita máis do 60% da poboación mundial, uns 4.000 millóns de persoas.

Na división convencional de continentes, de orixe europea, Asia e Europa aparecen como dúas entidades diferentes por razóns culturais e históricas, mais en termos xeográficos, forman realmente un único continente, Eurasia. Tamén África está unida a Eurasia polo istmo de Suez polo que tamén se pode considerar Europa, Asia e África como un único supercontinente, Eurafrasia.

Dado o seu tamaño e diversidade, o concepto de Asia - un nome que remonta á antigüidade clásica - na realidade pode ter máis que ver coa xeografía humana que coa xeografía física.[1] Asia varía considerablemente entre e dentro das súas rexións con respecto aos grupos étnicos, as culturas, os ambientes, a economía, os lazos históricos e os sistemas de goberno.

  1. AccessScience. "Asia" (en inglés). McGraw-Hill. Consultado o 2/11/2014. 

Developed by StudentB